« Home | Está ben ser agradecidos... pero isto é pasarse » | Disney, a piques de mercar Pixar » | Trala web, Google vai polos xornais » | Un Mac nunha chave USB! » | Video sospeitoso » | ¿Unha nova orde política? » | Novidades software dos últimos tempos » | Unha visita á Apple Store do futuro... » | O novo MacBook Pro » | O novo iMac » 

1.24.2006 

O raposo xa fala galego

Grazas á xente de Galego 21, responsables da tradución de Firefox 1.5. Polo de agora non é oficial, xa que resta a corrección final do programa e da axuda, pero xa vos podedes descargar dende aquí o arquivo que traduce o navigador ó noso idioma.

O certo é que non é a primeira versión de Firefox en galego, xa que versións anteriores á 1.0 dispuñan xa por aquel entón de tradución, realizada nese caso pola xente do Proxecto Trasno.

Sendo como é o mellor navigador do momento e un dos programas "estrela" do pasado ano, a actualización da súa traducción ó galego era agardada por moitos e xa está aquí.

E válida para tódalas versións de Firefox e para tódolos sistemas, e a súa instalación non ten ningún misterio, instálase coma unha extensión máis (arquivo .xpi). A calidade da traducción é realmente boa, e hai que recoñecer que da gusto traballar con software en galego, anque nos movamos perfectamente en castelán ou inglés.

E, sobre todo no software libre, hai moitos programas en galego, máis das que pensamos. E todo hai que dicilo, tamén no comercial, coas traducións de Windows e Office.

O que é máis difícil é acadar un Mac OS X en galego, por que o número de usuarios é máis reducido, de tódolos xeitos en Cataluña xa hai voces reclamando a tradución ó catalán. Se cando menos permitiran que os usuarios realizaramo-la tradución eles só terían que aplicala, cousa pouco problemática nun sistema plurilingüe coma Mac OS X.

Pero ó que imos, Firefox en galego, xa o podedes baixar, e imaxino que en pouco tempo estará dispoñible na páxina de Mozilla xunto ás demáis versións. ¡Grazas ó equipo de tradutores!








|