¿Newton Reloaded? Apple podería mercar Palm
A recuperación de Apple, que volve a ser unha das empresas líderes no sector tecnolóxico, fai que volva a estar en condicións de protagonizar novas coma esta. Ó parecer, segundo fontes de Xataca, accionistas de Palm xa entraron a valorar esta posibilidade, polo que é crible que nun prazo non demasiado longo se poida concretar a operación.
Se finalmente isto é así, Apple voltaría ó sector dos ordenadores de man, trala negativa experiencia que tivo na primeira metade da década dos 90 co seu Newton, que se ben era unha gran máquina (tecnolóxicamente falando), a verdade é que se adiantou ó seu tempo e quedou en "fora de xogo". Se a iso lle sumamos a depresión xeralizada na que vivía sumida aquela Apple moribunda, non é sorprendente que aquel atraínte trebello pasara ó caixón dos fracasos da compañía californiana (sumándose ó Lisa, ó Apple III, ó Cube, e algún máis).
Agora en cambio, as cousas son moi diferentes, Apple hoxe vive un dos mellores momentos da súa historia, e triunfa no mundo dos gadgets grazas ó iPod (en tódalas súas variedades). Pode ser o momento axeitado para lanzar ó mercado un novo Newton, baseado en Mac OS X, e coa tecnoloxía que pode aportar Palm. Sería unha especie de iPod Pro, unha máquina para aqueles que se sinten atraídos polo iPod pero que buscan algo máis que un reproductor multimedia, que lles gustaría organizar a súa axenda, acceder a redes wifi e navigar pola rede, consultar o correo, abrir documentos e follas de cálculo, etc.
A verdade é que o único punto negativo da operación é que o sector das PDA, agora liderado por Microsoft co seu sistema Windows Mobile, non presenta a vitalidade que tiña hai un par de anos, e as vendas están comezando a diminuír. Se cadra o gancho do iPod pode ser a baza coa que Apple xogue para entrar nese mercado e revitalizalo.

De calquera xeito todo isto son suposicións, pero se a adqusición de Palm por parte dos de Cuppertino se concreta, a bo seguro que moitas delas deixaran de selo. Tanto para Palm coma para Apple sería unha boa nova, pero tamén para os usuarios, xa que a día de hoxe Palm non pode competir con Microsoft, que está a constituír paseniñamente un novo monopolio sen que ninguén pareza quen de impedilo.