« Home | O navigador do Windows Vista » | Dinosaurios da rede » | Unha "demo" do teclado "máxico" » | Adeus ó Aibo » | Windows, código e libre nunha mesma frase » | Happy Birthday » | Boísimo » | O raposo xa fala galego » | Está ben ser agradecidos... pero isto é pasarse » | Disney, a piques de mercar Pixar » 

2.05.2006 

¿Paranoia? A SGAE deixa claro que non

Ogallá que sexa paranoia, pero a verdade e que artigos coma éste, do Navegante de El Mundo, son de todo menos tranquilizadores. Que Estados Unidos conte con medios máis que suficientes para controlar a rede non creo que sorprenda a ninguén, pero de ahí a que os poña en funcionamento, media un abismo. Sobre tendo en conta que Pentágono non goza precisamente de moi boa imaxe a nivel mundial, e "tomar" Internet convertiría a Estados Unidos en pouco menos que o gran censor internacional.

De calquera xeito, a verdade e que cada día parece máis en entredito a liberdade de expresión, coa censura de Google en China, a crise (creo que xa se pode calificar como tal) das caricaturas de Mahoma e, a nivel moito menor (aínda que depende de como o vexades), unha nova que me deixou de pedra...

... non sei se coñeceríades a Frikipedia, parodia en castelán da Wikipedia, replicando (máis ou menos) á súa equivalente na língua de Shakespeare, a Uncyclopedia. Sen ser o colmo da orixinalidade, contaba con algunhas entradas realmente boas. Funcionaba igual que a Wikipedia, e dicir, calquera podía editar os artigos e soltar unhas cantas paridas sobre un tema en concreto.

Pois ben, digo que funcionaba porque esta semana viuse obrigada a pechar e, creerédelo ou non, pero segundo afirma un dos encargados do proxecto en Barrapunto os responsables foron... os nosos amigos da SGAE!

Parece ser que o artigo sobre esta entidade tiña a seguinte descripción: "Siempre Ganamos Algunos Euros". ¿Gracioso? Tal vez non moito, dacordo, é unha parvada, pero á SGAE fíxolle moita menos gracia, demandaron ó responsable do proxecto e provocaron o seu peche. Abraiante. Ante isto un non sabe xa que dicir.

¿Pero estes tíos non saben que se algo non che gusta o podes cambiar, que niso consiste un wiki? ¿E non entenden o que é unha parodia? Non sei o que pensaredes vos, pero a min todo isto cada vez me cheira peor. A Internet que naceu libre está moribunda, e a súa transformación nun "gran irmán" xa non parece algo propio de mentes paranoicas. E iso é o inquedante.

(por certo, se alguén quere ler o "inxurioso" artigo, ven de ser copiado na Uncyclopedia...)


  • edito o post para comentarvos que hai algún movemento de protesta contra este insulto á liberdade de expresión, segundo leo en Reca Blog. A primeira é a inclusión desta imaxe nos nosos blogs, recén traducida ó galego, alá vai:
  • a segunda medida é todo un clásico: o "Google Bombing". Tivo éxito con "ladrones", agora hai que conseguilo con "Siempre Ganamos Algunos Euros". Hai queda o meu grao de area.

|