Unha "demo" do teclado "máxico"
Polo visto o tantas veces anunciado Optimus Keyboard, o incrible teclado que leva ó máximo a expresión "persoalizable", vai sufrir un retraso no tocante á súa data de saída, aínda que non parece que o proxecto teña sido cancelado. Dito doutro xeito, os que agardabamos a saída deste teclado que a través de "minipantallas" nas teclas permitía obter unha configuración distinta para cada programa, teremos que seguir
agardando.
agardando.
Cando menos, e se cadra para amosarnos en vivo e en directo como vai ser a tecnoloxía que estará tras este teclado, a compañía rusa responsable do proxecto ven de por á venda un "miniteclado" con tres teclas que se poden configurar para diferentes aplicacións e que permiten visualizar os procesos que están a producirse durante o uso das mesmas.
Aquí tendes unha imaxe que nos explica algo mellor que é exactamente este teclado, e na páxina do mesmo veredes como vai con diferentes aplicacións...
Aquí tendes unha imaxe que nos explica algo mellor que é exactamente este teclado, e na páxina do mesmo veredes como vai con diferentes aplicacións...

... e entre os exemplos, tendo en conta que polo de agora só está dispoñible para usuarios de Windows (suponse que só temporalmente), ofrece algunhas das características irrenunciables nun teclado para ese sistema:

Todo isto e moito máis atoparédelo en Microsiervos, onde por certo levan meses falando e especulando sobre o Optimus Keyboard... non sabemos se ó remate será ou non vaporware, pero cando menos parece que xa temos algo "físico" para facernos unha idea, aínda que só teña tres teclas.
