« Home | Sony presenta o "Anti-iMac" » | ¿Newton Reloaded? Apple podería mercar Palm » | S ... G ... A ... E ... (as siglas poñédeas vos, p... » | ¿Paranoia? A SGAE deixa claro que non » | O navigador do Windows Vista » | Dinosaurios da rede » | Unha "demo" do teclado "máxico" » | Adeus ó Aibo » | Windows, código e libre nunha mesma frase » | Happy Birthday » 

2.18.2006 

Virus en Mac OS X!!!!!!

Algún día tiña que pasar, pero si, os usuarios de Mac enfrontámonos ó primeiro virus para o noso sistema. Vale, certamente isto non é Windows, grazas os sistemas de permisos de UNIX, de xeito que para infectármonos temos que "abrirlle a porta" e abrilo con privilexios de Administrador.
Amáis disto, só afecta a aqueles que empreguen iChat, gran sistema de mensaxería instantánea, pero de uso reducido nesta beira do océano pola non compatibilidade co Messenger de Microsoft.

É un troiano, de calquera xeito, bastante dañino, asi que hai que tomar precaucións. As posibilidades de infección son reducidas, pero hai que estar atentos: agáchase nun arquivo denominado "latestpics.tgz", e baixo o pretexto de ser unha serie de capturas do futuro OS X Leopard (inquedante, normalmente o reclamo nos virus windowseiros o reclamo son fotos doutro tipo XD... non sei como tomar isto). Unha vez descargado, pide o contrasinal de administrador. Por suposto, debemos evitar descargar este arquivo, e de facelo por erro, nunca debemos darlle este contrasinal. E máis nunca debemos darlle o noso contrasinal a ningún arquivo descoñecido. É unha medida de prudencia básica.

Por suposto, hai que estar tranquilos ante estas novas, xa que de seguro que co crecemento de OS X estas novas han ser máis frecuentes. Pero a seguridade dun sistema UNIX fai que sendo prudentes non haxa motivos para preocuparnos en exceso.

|