
En
Engadget comentan esta posibilidade, que segundo o que parece se basearía na
tecnoloxía VIIV de
Intel, que permite desfrutar dun PC con grandes capacidades multimedia e de conexión á rede, xunto con control remoto, e todo isto nunha pantalla de plasma dun tamaño que pode chegar ás 50''. En resumo, unha aposta distinta e cun obxectivo claro, ser unha alternativa ó concepto de Media Center existente ata o de agora, baseado case sempre un
Barebone.
E para
Apple sería o seguinte paso trala última versión do
iMac G5, que xa facía uso do acceso remoto e do seu propio "Media Center", a aplicación
FrontRow. Co lanzamento do iMac G5 moitas voces críticas cos de Cuppertino defendían que a introducción do control remoto non tiña sentido nun ordenador en principio feito para o escritorio coma o iMac, e que a lóxica invitaba a incorporalo nun
Mac Mini, por exemplo, convertíndoo no Barebone de Apple.
Se se confirma o rumor actual, Apple terá o seu media center, pero en forma de "irmán maior" do actual iMac G5, unha máquina potente no interior dun monitor plano, neste caso de plasma e de ata 50''.
Non sei que grao de creidibilidade pode ter, pero ó que si é certo e que os rumores xurdidos a pouco tempo dunha keynote adoitan ser bastante cribles, e o caso máis salientable é o da transición a Intel, que era absolutamente insospeitada ata dous días antes do seu anuncio por parte de Jobs (co xa mítico "it's true!").
Xa se verá o que pasa. De calquera xeito, a idea a min persoalmente non me convencería tanto coma un Mac Mini (mellorado, lóxicamente), empregado coma Media Center. Non sei porque, pero o certo e que eu sempre crin que no caso dun equipo multimedia para o salón, ten moito máis sentido a separación entre o monitor e o ordenador, permitindo variar ambolosdous independentemente.
E permitindo tamén levarte contigo o reproductor (ou ordenador, neste caso) e poder irte ca música (ou o contido multimedia, en xeral ;P) a outra parte. Exemplo, ¿se quero levar a unha festa na casa dun amigo o meu media center... como carallo levo ese monitor de 50''????
Queda menos dun día para saír de dúbidas, que novidades caerán nesta Macworld? ¿Teremos que rabuñarnos os petos en plena costa de Xaneiro ou saíremos decepcionados e maldicindo con frases coma "desta pásome a Windows", ou "case mellor probo con Linux" ou "estou farto destes aparellos do demo, voume vivir ó Tibet e adicarme á vida contemplativa"?