2.28.2006 

Mac Mini Intel e iPod Hi-Fi... ¿keynote decepcionante?

O Mac Mini renóvase, e faino dun xeito importante. Cunha imaxe semellante por fora, o novo Mini ven agora en dúas versións, unha con Intel Core Solo e outra con Intel Core Duo, e con soporte para un renovado FrontRow. Agora poderemos navegar dende o Mac Mini polo iTunes dos PCs ou Macs que estean en rede, e compartir música entre eles, mediante o protocolo Bonjour.
Na miña opinión, manter unha gráfica integrada e deixalo sen sintonizadora fai que estea por debaixo dos PC con Windows Media Center

Prezos características segundo Faq-Mac:

1.5ghz Core Solo 667 mhz fsb, 512mb memory, integrated graphics 60GB disco duro, combo drive - $599


Segundo modelo con Core Duo - 1.67 GHz, 80GB disco duro + SuperDrive - $799



Outra novidade: iPod Hi-Fi. ¿Que é este estrano aparello? Unha parella de altofalantes para coloca-lo iPod, só dous botóns e un obxectivo, substituír ós equipos estéreo nos fogares.
indexfamilyoff20060228.jpg

Vista cunha certa perspectiva, penso que esta presentación é lixeiramente decepcionante. Non temos un verdadeiro Media Center, xa que o Mini segue a carecer de gráfica potente e de sintonizadora (aínda que é, segundo Apple, ata sete veces máis potente que o seu predecesor), e é un equipo careiro para o que ofrece.
Pola súa banda, iPod Hi-Fi é un lanzamento estrano, difícil de valorar... pretender dar soporte Hi-Fi a un iPod que reproduce arquivos MP3, que están limitados por natureza en canto a calidade, non deixa de ser paradóxico, e non penso que sexa unha alternativa para os que de verdade buscan unha solución de audio de máximo nivel. E o deseño é dos peores que nos presentou Apple en moito tempo, para o meu gusto.

En definitiva, a "Intelización" de toda a gama de Apple segue o seu curso, aparentemente agora a quenda será para os portátiles de consumo, os iBooks, que sempre foron un sinal de identidade para a compañía da mazá, agardemos que desta vez non defrauden.

2.18.2006 

Virus en Mac OS X!!!!!!

Algún día tiña que pasar, pero si, os usuarios de Mac enfrontámonos ó primeiro virus para o noso sistema. Vale, certamente isto non é Windows, grazas os sistemas de permisos de UNIX, de xeito que para infectármonos temos que "abrirlle a porta" e abrilo con privilexios de Administrador.
Amáis disto, só afecta a aqueles que empreguen iChat, gran sistema de mensaxería instantánea, pero de uso reducido nesta beira do océano pola non compatibilidade co Messenger de Microsoft.

É un troiano, de calquera xeito, bastante dañino, asi que hai que tomar precaucións. As posibilidades de infección son reducidas, pero hai que estar atentos: agáchase nun arquivo denominado "latestpics.tgz", e baixo o pretexto de ser unha serie de capturas do futuro OS X Leopard (inquedante, normalmente o reclamo nos virus windowseiros o reclamo son fotos doutro tipo XD... non sei como tomar isto). Unha vez descargado, pide o contrasinal de administrador. Por suposto, debemos evitar descargar este arquivo, e de facelo por erro, nunca debemos darlle este contrasinal. E máis nunca debemos darlle o noso contrasinal a ningún arquivo descoñecido. É unha medida de prudencia básica.

Por suposto, hai que estar tranquilos ante estas novas, xa que de seguro que co crecemento de OS X estas novas han ser máis frecuentes. Pero a seguridade dun sistema UNIX fai que sendo prudentes non haxa motivos para preocuparnos en exceso.

2.09.2006 

Sony presenta o "Anti-iMac"

Hai un tempo publiquei un post moi crítico con Sony, e hoxe máis que nunca ratifícome en que esta empresa realmente non sabe cara ónde ir. Agora presentan un Vaio (VA1 Series) que supostamente pretende competir en igualdade co iMac de Apple: ordenador compacto, todo-en-un, nunha pantalla TFT. Pois ben, opinade vos mesmos:

Three quarter iMac with Apple Remote.iMac



Sony VAIO VA1 Series Home Entertainment PC







Ben, logo podemos entrar en que o deseño é algo secundario, dacordo... pero creo que só ata certo punto. E penso que Sony leva bastante tempo quitándolle importancia a demasiadas cousas...

 

¿Newton Reloaded? Apple podería mercar Palm

A recuperación de Apple, que volve a ser unha das empresas líderes no sector tecnolóxico, fai que volva a estar en condicións de protagonizar novas coma esta. Ó parecer, segundo fontes de Xataca, accionistas de Palm xa entraron a valorar esta posibilidade, polo que é crible que nun prazo non demasiado longo se poida concretar a operación.
Se finalmente isto é así, Apple voltaría ó sector dos ordenadores de man, trala negativa experiencia que tivo na primeira metade da década dos 90 co seu Newton, que se ben era unha gran máquina (tecnolóxicamente falando), a verdade é que se adiantou ó seu tempo e quedou en "fora de xogo". Se a iso lle sumamos a depresión xeralizada na que vivía sumida aquela Apple moribunda, non é sorprendente que aquel atraínte trebello pasara ó caixón dos fracasos da compañía californiana (sumándose ó Lisa, ó Apple III, ó Cube, e algún máis).
Agora en cambio, as cousas son moi diferentes, Apple hoxe vive un dos mellores momentos da súa historia, e triunfa no mundo dos gadgets grazas ó iPod (en tódalas súas variedades). Pode ser o momento axeitado para lanzar ó mercado un novo Newton, baseado en Mac OS X, e coa tecnoloxía que pode aportar Palm. Sería unha especie de iPod Pro, unha máquina para aqueles que se sinten atraídos polo iPod pero que buscan algo máis que un reproductor multimedia, que lles gustaría organizar a súa axenda, acceder a redes wifi e navigar pola rede, consultar o correo, abrir documentos e follas de cálculo, etc.
A verdade é que o único punto negativo da operación é que o sector das PDA, agora liderado por Microsoft co seu sistema Windows Mobile, non presenta a vitalidade que tiña hai un par de anos, e as vendas están comezando a diminuír. Se cadra o gancho do iPod pode ser a baza coa que Apple xogue para entrar nese mercado e revitalizalo.
De calquera xeito todo isto son suposicións, pero se a adqusición de Palm por parte dos de Cuppertino se concreta, a bo seguro que moitas delas deixaran de selo. Tanto para Palm coma para Apple sería unha boa nova, pero tamén para os usuarios, xa que a día de hoxe Palm non pode competir con Microsoft, que está a constituír paseniñamente un novo monopolio sen que ninguén pareza quen de impedilo.
http://www.netppc.com/actu/newton-palm-pilot.jpg

2.08.2006 

S ... G ... A ... E ... (as siglas poñédeas vos, por se acaso)

Os nosos amigos da "entidade sen ánimo de lucro" máis famosa do estado seguen sendo noticia... (por certo, a publicidade contextual de Barrapunto é moi útil neste artigo XD)

e xa que estamos... tamén nos denunciaran por chamarlles Linux???

2.05.2006 

¿Paranoia? A SGAE deixa claro que non

Ogallá que sexa paranoia, pero a verdade e que artigos coma éste, do Navegante de El Mundo, son de todo menos tranquilizadores. Que Estados Unidos conte con medios máis que suficientes para controlar a rede non creo que sorprenda a ninguén, pero de ahí a que os poña en funcionamento, media un abismo. Sobre tendo en conta que Pentágono non goza precisamente de moi boa imaxe a nivel mundial, e "tomar" Internet convertiría a Estados Unidos en pouco menos que o gran censor internacional.

De calquera xeito, a verdade e que cada día parece máis en entredito a liberdade de expresión, coa censura de Google en China, a crise (creo que xa se pode calificar como tal) das caricaturas de Mahoma e, a nivel moito menor (aínda que depende de como o vexades), unha nova que me deixou de pedra...

... non sei se coñeceríades a Frikipedia, parodia en castelán da Wikipedia, replicando (máis ou menos) á súa equivalente na língua de Shakespeare, a Uncyclopedia. Sen ser o colmo da orixinalidade, contaba con algunhas entradas realmente boas. Funcionaba igual que a Wikipedia, e dicir, calquera podía editar os artigos e soltar unhas cantas paridas sobre un tema en concreto.

Pois ben, digo que funcionaba porque esta semana viuse obrigada a pechar e, creerédelo ou non, pero segundo afirma un dos encargados do proxecto en Barrapunto os responsables foron... os nosos amigos da SGAE!

Parece ser que o artigo sobre esta entidade tiña a seguinte descripción: "Siempre Ganamos Algunos Euros". ¿Gracioso? Tal vez non moito, dacordo, é unha parvada, pero á SGAE fíxolle moita menos gracia, demandaron ó responsable do proxecto e provocaron o seu peche. Abraiante. Ante isto un non sabe xa que dicir.

¿Pero estes tíos non saben que se algo non che gusta o podes cambiar, que niso consiste un wiki? ¿E non entenden o que é unha parodia? Non sei o que pensaredes vos, pero a min todo isto cada vez me cheira peor. A Internet que naceu libre está moribunda, e a súa transformación nun "gran irmán" xa non parece algo propio de mentes paranoicas. E iso é o inquedante.

(por certo, se alguén quere ler o "inxurioso" artigo, ven de ser copiado na Uncyclopedia...)


  • edito o post para comentarvos que hai algún movemento de protesta contra este insulto á liberdade de expresión, segundo leo en Reca Blog. A primeira é a inclusión desta imaxe nos nosos blogs, recén traducida ó galego, alá vai:
  • a segunda medida é todo un clásico: o "Google Bombing". Tivo éxito con "ladrones", agora hai que conseguilo con "Siempre Ganamos Algunos Euros". Hai queda o meu grao de area.

2.02.2006 

O navigador do Windows Vista


Microsoft Internet Explorer 7 Beta xa esta na rúa, dispoñible para tódolos usuarios de Windows XP Service Pack 2. Inclúe moitas das novidades que a reforzada competencia levaba anos ofrecendo, coma pestanas, RSS, buscador integrado (inclúe a Google pese a ser competencia do motor de busca propio de Microsoft). Outra novidade é unha ferramenta anti-pishing, para evitar os riscos que este novo tipo de ameaza supón para os usuarios de banca online.

O que parece que non incorpora é o soporte de estándares web, polo cal seguirá a forzar a boa parte dos deseñadores web a facer sitios pensando especialmente neste navigador, e que en moitos casos non funcionan perfectamente dende os navigadores alternativos. Unha mágoa.

No tocante a seguridade, tódolos parches lanzados por Microsoft nos últimos tempos incorpóranse a IE 7, queda por ver se resiste mellor que a anterior versión os predicibles novos ataques que están por chegar.

Sería desexable que así fora, polo ben da seguridade global da rede, aínda que o desexable de verdade sería que cada día máis xente comezara a apostar por alternativas coma Firefox, Opera ou Safari que levan moitísimo tempo ofertando as novidades que os de Redmond nos presentan agora coma se dunha revolución se tratase.



 

Dinosaurios da rede

Atopo en lilyera.net a lista dos dez dominios .COM máis vellos da Internet e a ligazón á páxina que ten a lista cos cen máis veteráns do ranking... supoño que non deixa de ser máis que unha curiosidade só válida para frikis, pero de calquera xeito creo que é interesante ver nesa listaxe dominios que hoxe por hoxe non significan nada para a meirande parte de nós:


SYMBOLICS.COM 03/15/1985
BBN.COM 04/24/1985
THINK.COM 05/24/1985
MCC.COM 07/11/1985
DEC.COM 09/30/1985
NORTHROP.COM 11/07/1985
XEROX.COM 01/09/1986
SRI.COM 01/17/1986
HP.COM 03/03/1986
BELLCORE.COM 03/05/1986

Por certo, Microsoft non entrou nin sequera no top-100, o cal e unha proba máis da escasa confianza que tivo esta empresa na Internet nos seus primeiros tempos, cando tentou impor a súa propia alternativa (The Microsoft Network). Apple entra no top-100, pero non o fai precisamente nos primeiros postos. Apple.com nace en Febreiro do 1987.


2.01.2006 

Unha "demo" do teclado "máxico"

Polo visto o tantas veces anunciado Optimus Keyboard, o incrible teclado que leva ó máximo a expresión "persoalizable", vai sufrir un retraso no tocante á súa data de saída, aínda que non parece que o proxecto teña sido cancelado. Dito doutro xeito, os que agardabamos a saída deste teclado que a través de "minipantallas" nas teclas permitía obter unha configuración distinta para cada programa, teremos que seguir
agardando.

Cando menos, e se cadra para amosarnos en vivo e en directo como vai ser a tecnoloxía que estará tras este teclado, a compañía rusa responsable do proxecto ven de por á venda un "miniteclado" con tres teclas que se poden configurar para diferentes aplicacións e que permiten visualizar os procesos que están a producirse durante o uso das mesmas.

Aquí tendes unha imaxe que nos explica algo mellor que é exactamente este teclado, e na páxina do mesmo veredes como vai con diferentes aplicacións...

Optimus Mini 3


... e entre os exemplos, tendo en conta que polo de agora só está dispoñible para usuarios de Windows (suponse que só temporalmente), ofrece algunhas das características irrenunciables nun teclado para ese sistema:





Todo isto e moito máis atoparédelo en Microsiervos, onde por certo levan meses falando e especulando sobre o Optimus Keyboard... non sabemos se ó remate será ou non vaporware, pero cando menos parece que xa temos algo "físico" para facernos unha idea, aínda que só teña tres teclas.